Reforma en vapor

A reforma en vapor do metano (Steam reforming, SMR) é un método de produción de hidróxeno por escisión da auga. A alta temperatura (700 – - 1.100 °C) e en presenza dun catalizador metálico, o vapor de auga reacciona co metano producindo monóxido de carbono e hidróxeno.

CH4 + H2OCO + 3 H2

A 'reforma en vapor' do gas natural é o método máis común de produción comercial de hidróxeno é tamén o máis barato (Crabtree, ver "Referencias"). Este proceso é diferente da reforma catalítica, un proceso empregado no refino do petróleo que produce tamén cantidades significativas de hidróxeno xunto con gasolina de alta octanaxe.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search